browser icon
You are using an insecure version of your web browser. Please update your browser!
Using an outdated browser makes your computer unsafe. For a safer, faster, more enjoyable user experience, please update your browser today or try a newer browser.

Xornada de portas abertas

Posted by on 26/11/2014

Como sabedes, no mes de decembro vai a ser a xornada de portas abertas a todas as actividades. Gustaríanos co primeiro martes de decembre as 20:00h asistades todos o ensaio de veteranos.

Temos xa confirmada a asistencia de María, Tati, Belén, Montse, Toya, etc… Ademais dos que ensaiamos habitualmente (Tito Crespo, Ángel, Jose, María José, Mari Mundo, Vita, etc….)

Este grupo non é soamentes pare antigos compoñentes de Froles Mareliñas, é para todos os que desexan aprender a bailar e xa non están en idade de facelo en grupo.

Gustaríanos contar ca vosa presencia e que veñades acompañados, cantos mais amigos mellor.

Se tedes nenos e nenas traelas a probar as clases de baile ou pandeireta. Esta proba é sen compromiso de permanencia.

Moitas persoas non coñecen todas as actividades que impartimos na nave de Renfe. As actividades son:

– Baile para nenos e adultos.
– Pandeireta para nenos e adultos.
– Gaita para nenos e adultos.
– Percusión para nenos e adultos.
– Contamos ademais do grupo oficial de baile co de pandereteiras, pandereteiros e gaitas.

– Pilates.
– Ximnasia de mantemento
– Calceta
– Costura
– Ritmos latinos.

O mellor de todo son os nosos preciosq ue podedes consultalos por este medio.

Se tedes nenos que estiveron na asociación e o deixaron, invitalos tamén a vir, pois houbo algúns cambios. Si tendes nenos pero considerades que todavía son moi pequenos, traelos que probar non costa nada. O mesmo pasa cos adultos que estiveron en calquera das nosas actividades, podedes vir a comprobar os cambios, o simplemente a divertiros un día.

Gustaríame que confirmedes a María José (frolesmarelinas@hotmail.es), afirmativa ou negativamente para saber con cantas persóas podemos contar por si tivéramos que dividirnos en grupos.

Un saúdo y moitas grazas a todos

Comments are closed.