browser icon
You are using an insecure version of your web browser. Please update your browser!
Using an outdated browser makes your computer unsafe. For a safer, faster, more enjoyable user experience, please update your browser today or try a newer browser.

VII Serán de Froles Mareliñas.

Posted by on 09/03/2015

O sábado 21 de marzo, a partir das 21,30, celebramos o VII Serán de Froles Mareliñas.

Gustaríanos que viñésedes a pasar un momentiño connosco.

O serán celébrase dentro do local de Froles Mareliñas (Nave amarela de Renfe da antiga estación de Chapela), por iso a chuvia non é motivo para quedar na casa.

Podedes cantar, tocar, bailar, tomarse unha cervexa, un bocadillo.

Haberá sorteos e para retomar forzas, a media noite invitaremos a xamón asado  e a chocolate quente con algo para mollar.

Axudádenos a manter viva as nosas tradicións, e traede amigos, familia e sobre todo, que non falten os nenos “Engánchaos ao folclore”

Prégase difusión

VII serán Froles Mareliñas

VII serán Froles Mareliñas

[cn-social-icon]

Comments are closed.