O sábado día 10 celebramos na Alameda de Chapela a VI festa popular de Froles Mareliñas.
De mañá teremos un torneo de balonmán e a presentación do equipo de balonmán Chapela
Durante todo o día haberá música e actuacións de gaita, percusión, pandeiretas e moito máis.
- As 22:00h teremos a actuación de Fiándola na alameda.
Un mercadillo de segunda man, onde venderemos toda clase de produtos donados polos nosos socios e veciños.
Este ano para comer ofrecemos un menú por 7 euros que consta de:
- Mexilóns.
- Churrasco.
- Chourizo.
- Patacas.
- Pan.
Para que ninguén se quede sin o seu menú poderes retirar previamente os tiques na cafetería Kima ou en Seguros Soto.
Deixamos o cartel da VI festa popular. Agardamos a vosa presencia