O sábado día 12 a partir das 10,30 horas, na alameda de chapela, celébrase a ” V Festa Popular de Froles Mareliñas”.
Como cada ano teremos para comer: os calos de chola, xamón asado, mexilóns, polbo, empanadas variadas, etc, todos a prezos populares.
De mañá competicións deportivas, presentación do Club Balonmán Chapela, pasarúas dos grupos de gaita.
Pola tarde ademáis teremos actuacións de grupos de baile e pandeireta da zona.
Como cada ano pechará o festival folclórico o grupo Froles Mareliñas e a súa escola de baile e pandeireta.
E o fin de festa correrá a cargo do grupo Ludovaina. Esperamos contar coa presencia de tódolos vecinos e socios.
Rogamos difusión.
Moitas grazas.