browser icon
You are using an insecure version of your web browser. Please update your browser!
Using an outdated browser makes your computer unsafe. For a safer, faster, more enjoyable user experience, please update your browser today or try a newer browser.

2º CONCURSO DE CONTOS CURTOS FROLES MARELIÑAS

Posted by on 03/04/2014

CONCURSO DE CONTOS “FROLES MARELIÑAS”.
CONVOCATORIA 2014

A Asociación Cultural Froles Mareliñas, convoca o Concurso de Contos Curtos 2014 coa finalidade de promover a creación literaria entre nenos e adultos.

Este premio concederase de acordó as seguintes:

BASES

1.- Poderán participar neste concurso  calquera persoa que o desexe sin límite de idade, sempre que as obras se presenten escritas orixinalmente en galego, sexan inéditas e non foxen premiadas en ningún outro concurso.

2.- A extensión máxima das obras será de 8 páxinas tamaño DIN A4, mecanografiadas a dobre espazo en letra Arial tamaño 11, por unha soa cara. Ademáis  incluirase obrigatoriamente unha páxina como portada, cunha ilustración a cor, realizada polo autor do conto. Deveranse enviar tres orixinais impresos e grapados. Cada orixinal irá asinado con pseudónimo e deberá constar a categoría á que compite, infantil, xuvenil e adulto, sendo obrigatorio acompañar dun sobre cerrado con nome, apelidos, idade, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto do autor/a, e unha fotografía en cor tamaño carne.

3.- Os orixinais entregaranse indicando no sobre “CONCURSO DE CONTOS FROLES MARELIÑAS”,  en man na sede da Asociación Froles Mareliñas nave amárela na Estación de Renfe en Chapela, o por correo postal ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Froles Mareliñas

Rúa Formiga, 17

36320 Chapela-Redondela

Pontevedra

4.- A data tope para a admisión de orixinais será o 15 de Abril de 2014. Polo feito de presentárense, os autores aceptan as presentes bases e non poderán retirar a sua obra unha vez presentada ao concurso.

5.- O xurado será nomeado pola Asociación e estará formado por especialistas. A composición do xurado non se fará pública ata o mesmo día da concesión do Premio.

6.- Na segunda quincena do mes de maio de 2014, intentando que coincida co fin de semana no que se celebra o día das letras galegas, saberemos a decisión do xurado que será inapelable e darase a coñecer nun acto público, onde se fará a entrega aos premiados,.

7.- Establécense tres únicos premios de 100 euros cada un para as seguintes categorías:

   – Premio infantil 100 euros para nenos e nenas que non superen os 12 anos de idade

   – Premio xuvenil, 100 euros para mozos e mozas, con idade comprendida entre 13 e 17 anos.

   – Premio adultos, 100 euros, para maiores de 18 anos, sen límite de edad.

8.- Os contos presentados non se devolverán, e poderán ser publicados xuntamente coa fotografía do autor nun libro de recompilación que se denominará “CONTOS DE FROLES MARELIÑAS”.

9.- Os autores dos contos, ceden a Froles Mareliñas o dereito exclusivo de explotación dos seus contos en todas as modalidades para todo o mundo e para o prazo máximo de duración establecido pola lexislación vixente.

[cn-social-icon]

Comments are closed.