A Asociación Cultural Froles Mareliñas, foi fundada no ano 2010 sobre a base do Grupo de Baile Froles Mareliñas, creado en 1958.
Bailadores e directores de todas as xeracións, únense a este proxecto co fin de apoiar ao noso grupo na consecución dos seus fins, que son entre outros, fomentar, recuperar e manter todo tipo de actividades culturais, a propagación e coñecemento da nosa historia, o noso folclore e as nosas tradicións.
O noso patrimonio cultural é a maior herdanza recibida dos nosos antepasados, que debemos transmitir aos nosos fillos para que cheguen ás xeracións vindeiras.
A Asociación Cultural Froles Mareliñas, é unha gran familia unida polo amor ao folclore e por consideralo como algo máxico, que nos pon ás para viaxar no tempo a través da música e que permite ao bailador acariciar a terra cos pés.
[cn-social-icon]