Mercado
VI festa Froles Mareliñas
Deixamos a galería con fotos tomadas polos nosos socios, teño que engadir que comemos, bebemos e bailamos ben a gusto. Deixo a ligazón a páxina Comparte en:
VI festa popular de Froles Mareliñas.
O sábado día 10 celebramos na Alameda de Chapela a VI festa popular de Froles Mareliñas. De mañá teremos un torneo de balonmán e a presentación do equipo de balonmán Chapela Durante todo o día haberá música e actuacións de gaita, percusión, pandeiretas e moito máis. As 22:00h teremos a actuación de Fiándola na alameda. … Continue reading
Fotos da V festa de Froles Mareliñas
Deixamos a galería con fotos tomadas polos nosos socios. Comparte en:
V Festa Popular de Froles Mareliñas (2)
O sábado día 12 a partir das 10,30 horas, na alameda de chapela, celébrase a ” V Festa Popular de Froles Mareliñas”. Como cada ano teremos para comer: os calos de chola, xamón asado, mexilóns, polbo, empanadas variadas, etc, todos a prezos populares. De mañá competicións deportivas, presentación do Club Balonmán Chapela, pasarúas dos grupos … Continue reading
V Festa Popular de Froles Mareliñas
O sábado día 12 de setembro celebramos a nosa V festa popular. Coma sempre organizamos o habitual mercado de segunda man. As persoas que queiran facer doazóns, a partir do luns poderán levar as cousas á nave de Froles Mareliñas, avisando con antelación para que alguén estea alí. Podedes contactar connosco a través do formulario … Continue reading
IV Festa popular de Froles Mareliñas
O sábado día 13 de Setembro na alameda de Chapela celebrarase a IV festa popular de Froles Mareliñas. Pola mañá comezamos con competicións deportivas e coa presentación do equipo senior de Construciones Castro-Balonmán Chapela, actuacións de grupos de gaitas e xogos populares. Continuamos co festival folclórico coa actuación dos grupos: Lembranzas da Ría de Cangas. … Continue reading
Nova edición do mercado de segunda man.
Como en anos anteriores, os veciños e amigos que queiran doar cousas para o noso mercado de segunda man, que terá lugar o día 13 de setembro na alameda de Chapela, poderán facelo na sede de Froles Mareliñas (nave amarela de Renfe), avisando previamente para estar a esperalos. Grazas a todos pola vosa colaboración. [cn-social-icon] … Continue reading
Mercado Froles Mareliñas.
Sábado día 26, Froles Mareliñas organiza un mercado na Alameda de Chapela. Recordade que falta pouco para o día da nai, e é unha boa ocasión de comprar algo alí. Os interesados en poñer un posto, contactar connosco. E aos amantes do folclore animámolos a vir cos instrumentos e con ganas de bailar, para animarnos … Continue reading