Festa
V Festa Popular de Froles Mareliñas
O sábado día 12 de setembro celebramos a nosa V festa popular. Coma sempre organizamos o habitual mercado de segunda man. As persoas que queiran facer doazóns, a partir do luns poderán levar as cousas á nave de Froles Mareliñas, avisando con antelación para que alguén estea alí. Podedes contactar connosco a través do formulario … Continue reading
Festival fin de curso 2015
O sábado as 18:00 da tarde celebrarase o festival fin de curso 2015, contamos con vos para que enchades o multiusos. É moi importante que veñades sobre todo os nenos. Traede aos vosos nenos. Grazas Comparte en:
Evento Internacional de disciplinas de baile.
A continuación deixamos o cartel e mais o vídeo do evento internacional de disciplinas de baile. Comparte en:
VII Serán de Froles Mareliñas.
O sábado 21 de marzo, a partir das 21,30, celebramos o VII Serán de Froles Mareliñas. Gustaríanos que viñésedes a pasar un momentiño connosco. O serán celébrase dentro do local de Froles Mareliñas (Nave amarela de Renfe da antiga estación de Chapela), por iso a chuvia non é motivo para quedar na casa. Podedes cantar, tocar, … Continue reading
IV Festa popular de Froles Mareliñas
O sábado día 13 de Setembro na alameda de Chapela celebrarase a IV festa popular de Froles Mareliñas. Pola mañá comezamos con competicións deportivas e coa presentación do equipo senior de Construciones Castro-Balonmán Chapela, actuacións de grupos de gaitas e xogos populares. Continuamos co festival folclórico coa actuación dos grupos: Lembranzas da Ría de Cangas. … Continue reading
Nova edición do mercado de segunda man.
Como en anos anteriores, os veciños e amigos que queiran doar cousas para o noso mercado de segunda man, que terá lugar o día 13 de setembro na alameda de Chapela, poderán facelo na sede de Froles Mareliñas (nave amarela de Renfe), avisando previamente para estar a esperalos. Grazas a todos pola vosa colaboración. [cn-social-icon] … Continue reading
Actuación de Pablo, novo mestre de gaita.
Pablo do grupo Ludovaina e novo mestre de gaita de Froles Mareliñas nas festas de Cangas. Escoitade a gaita, sobran as palabras. [cn-social-icon] Comparte en:
Día da Muiñeira 15 de Xuño 2.014
O pasado 15 de xuño celebrouse o Día da muiñeira en Redondela. Houbo desfiles e actuacións polas rúas Alfonso XII e Ribeira. Os nenos da nosa Asociación participou nos desfiles e nas actuacións. Deixamos una ligazón cara a nosa galería na que temos postas algunhas fotos. Comparte en:
Noite de San Xoán 2014
Noite de San Xoán celebrada en Cidadelle. Podedes ver as fotos na nosa canle de Flickr ou segindo esta ligazón. [cn-social-icon] Comparte en:
Primeira festa dos anos 60 e 70
O primeiro venres de xullo pola noite (4 de xullo) celebraremos na nosa sede, a primeira festa dos anos 60 e 70. Para pasalo ben, ademais de vir con ganas de festa, tendes que vir vestidos coma naquela época. ¿Quen se anima a vir a festa?. Por ser a primeira vez que celebramos esta festa, … Continue reading