Baile
Evento Internacional de disciplinas de baile.
A continuación deixamos o cartel e mais o vídeo do evento internacional de disciplinas de baile. Comparte en:
Xornada de portas abertas
Como sabedes, no mes de decembro vai a ser a xornada de portas abertas a todas as actividades. Gustaríanos co primeiro martes de decembre as 20:00h asistades todos o ensaio de veteranos. Temos xa confirmada a asistencia de María, Tati, Belén, Montse, Toya, etc… Ademais dos que ensaiamos habitualmente (Tito Crespo, Ángel, Jose, María José, Mari … Continue reading
Grupo de baile de Froles Mareliñas.
Se sabes bailar, se toucas algún instrumento, se te gusta cantar e tocar a pandeireta, ven a formar parte do grupo Froles Mareliñas. Se non sabes pero gustaríate aprender, estámoste a esperar. Ven a formar parte do noso grupo. [cn-social-icon] Comparte en:
Clases de baile tradicional adultos.
Os martes de oito e cuarto a nove e cuarto, clases de baile tradicional para adultos, iniciación e perfeccionamento. O prezo 10 euros ao mes. Non te quedes sentado mentres todos bailan cando escoitan a gaita, ti tamén podes aprender, non importa a idade. [cn-social-icon] Comparte en:
Batuca, zumba e baile moderno.
Os venres de cinco a seis da tarde, teremos clases de baile (batuca, zumba, baile moderno) da man de Úrsula. Anotarvos canto antes. Empezamos en outubro. O prezo é de 10 euros ao mes. [cn-social-icon] Comparte en:
Comenzo das clases de baile e pandeireta.
O xoves día dous de outubro comezan as clases de baile tradicional e pandeireta para nenos. A profesora Leticia ensinará os nenos non só a bailar, senón a facelos comprender que entre todos, temos que recuperar e manter as nosas tradicións. O prezo seis euros (6€) ao mes. As clases son martes e xoves de … Continue reading