Baile
Actividades 2018-2019
Actividades infantís. Arrancamos curso 18-19!!!! Hoxe tócalle o turno ás actividades infantís: Escola de baile Martes de 19:00-20:00 h Xoves de 18:00-19:00 h pandeireta gratis para alumn@s da escola e de 19:00-20:00 h baile. Estades a tempo de anotar aos vosos nenos, inscripcións abertas, e permanece atentos estes días que aínda estamos pendentes dunha nova … Continue reading
Serán de Froles Mareliñas 2018
Coma tódolos anos celebraremos o Serán de Froles Mareliñas na nosa sede (antiga estación de RENFE). O día será, como indica o cartel, o 17 de marzo a partir das 21:00h. Comparte en:
Próximas actuacións de Froles Mareliñas
A continuación poñemos as próximas actuacións da asociación cultural FROLES MARELIÑAS. 17 de maio e co gallo do Día da Muiñeira e do día das letras galegas actuará a sección de nenos en Redondela. 21 de maio actuará a sección infantil “CONCURSO PANDEIRETA TRASPÉS”. 24 de xuño celebrarase o Fin de curso FROLES MARELIÑAS, no … Continue reading
Serán de Froles Mareliñas 2017
Coma tódolos anos celebraremos o Serán de Froles Mareliñas na nosa sede. O día será, como indica o cartel, o 25 de marzo a partir das 20:00h. Comparte en:
ACTIVIDADES FROLES MARELIÑAS/2016 -2017
Xa están en marcha todas as actividades de Froles Mareliñas, LEMBRADE QUE BAILAR E CANTAR NO GRUPO DE BAILE E PANDEIRETAS É GRATUITO. Horas Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado A partir das 10 da mañá. Percusión 10€/mes. De 17:00 a 19:00 Costura e calceta 12€/mes De 18:00 a 19:00 Pandeireta actividade gratuíta para os … Continue reading
VI festa popular de Froles Mareliñas.
O sábado día 10 celebramos na Alameda de Chapela a VI festa popular de Froles Mareliñas. De mañá teremos un torneo de balonmán e a presentación do equipo de balonmán Chapela Durante todo o día haberá música e actuacións de gaita, percusión, pandeiretas e moito máis. As 22:00h teremos a actuación de Fiándola na alameda. … Continue reading
Actividades e novos proxectos.
Achéganse as vacacións de nadal e Froles comezará outro ano máis coas súas actividades e con novos proxectos. O mes de xaneiro é unha boa ocasión para que vos acheguedes á nave e probar vós ou os vosos nenos de calquera actividade sen compromiso ningún e de modo gratuíto. O prezo das nosas actividades é … Continue reading
Comezan as actividades.
O xoves día 1 de outubro, arrincamos coas actividades de Froles Mareliñas. De 18:00 a 20:00h da tarde, escola de baile. (pandeireta e baile tradicional) e 19:00 a 20:00h. Os indecisos e os que dubidan, poden vir a probar o primeiro día sen compromiso algún. Comparte en:
V Festa Popular de Froles Mareliñas (2)
O sábado día 12 a partir das 10,30 horas, na alameda de chapela, celébrase a ” V Festa Popular de Froles Mareliñas”. Como cada ano teremos para comer: os calos de chola, xamón asado, mexilóns, polbo, empanadas variadas, etc, todos a prezos populares. De mañá competicións deportivas, presentación do Club Balonmán Chapela, pasarúas dos grupos … Continue reading
Festival fin de curso 2015
O sábado as 18:00 da tarde celebrarase o festival fin de curso 2015, contamos con vos para que enchades o multiusos. É moi importante que veñades sobre todo os nenos. Traede aos vosos nenos. Grazas Comparte en: