Achéganse as vacacións de nadal e Froles comezará outro ano máis coas súas actividades e con novos proxectos.
O mes de xaneiro é unha boa ocasión para que vos acheguedes á nave e probar vós ou os vosos nenos de calquera actividade sen compromiso ningún e de modo gratuíto.
O prezo das nosas actividades é realmente económico, pois cremos que cuantos máis sexamos mellor.
Lémbrovos todas as nosas actividades:
O Luns ás oito podes achegarche a tocar a gaita con Pablo do grupo Ludovaina.
As escolas de baile tradicional están en mans de Leticia, os martes ás sete ensaia a escola infantil e ás oito os veteranos.
O mércores de cinco a sete reunímonos e aprendemos a coser ou a calcetar (cada un elixe), con Mari Carmen.
Ás sete comezan as clases de pandeireteiros e pandeireteiras a cargo de Josiño, iniciación e perfeccionamento.
O mércores ás nove ensaia o grupo de baile (buscamos para bailar mozos e mozas, animarvos)
O xoves ás seis, clases de pandereita gratuíta para os nenos da escola de baile con María.
Ás sete a escola de baile infantil,
O venres ás dez e media da noite, Ritmos Latinos con Charly Huamán.
O sábado a partir das dez da mañá percusión con Emilio (Muxicas).
Día | Hora | Actividades | Mestras e mestres | Prezos |
Luns | 20:00 | Gaita. | Pablo de Ludovaina | 10 €/mes |
Martes | 19:00 | Escola de baile infantil. (martes e xoves). | Leticia | 6 €/mes (2 días) |
20:00 | Escola de baile veteranos. | 6 €/mes | ||
Mércores | De 17:00 a 19:00 | Costura ou calceta a elexir. | Mari Carmen | 12 €/mes |
19:00 | Pandeireta iniciación e perfeccionamento. | Josiño | 10 €/mes | |
Xoves | 18:00 | Pandeireta para nenos da escola de baile. | María | Gratuíto |
19:00 | Escola de baile infantil. (martes e xoves). | 6 €/mes (2 días) | ||
Venres | 22:30 | Ritmos Latinos. | Charly Huamán | 15 €/mes |
Sábado | 10:00 | Percusión. | Emilio (Muxicas) | 10 €/mes |
En todas as nosas actividades danse clases de iniciación e perfeccionamento.
Se xa sabes bailar, tocar a gaita, percusión, etc… ven a formar parte do grupo de baile Froles Mareliñas, de forma gratuíta.