O sábado día 13 de Setembro na alameda de Chapela celebrarase a IV festa popular de Froles Mareliñas.
Pola mañá comezamos con competicións deportivas e coa presentación do equipo senior de Construciones Castro-Balonmán Chapela, actuacións de grupos de gaitas e xogos populares.
Continuamos co festival folclórico coa actuación dos grupos:
- Lembranzas da Ría de Cangas.
- Escola de baile e pandeireta de Froles Mareliñas
- Pandereteiras Ondiñas do Mendo (Eirado Salvaterra)
- Pandereteiras de Froles Mareliñas
- Grupo de coros y danzas Nuestra Señora del Prado de Ciudad Real
- Froles Mareliñas de Chapela
- Para o fin de festa teremos ao grupo Ludovaina co noso novo profesor de gaita.
Pedimos como sempre a colaboración dos nosos veciños, socios e amigos, para que nos doen:
- Mercadoría para o noso mercadiño de segunda man.
- Empanadas ou postres caseiros.
Os artesáns interesados en poñer un posto, poden contactar connosco a través do formulario de contacto da nosa páxina web www.frolesmarelinas.com, facebook, correo electrónico frolesmarelinas@hotmail.es ou chamando ao teléfono 661 536 145.
A continuación deixamos o cartel oficial.
Non podedes faltar.
Grazas
[cn-social-icon]