browser icon
You are using an insecure version of your web browser. Please update your browser!
Using an outdated browser makes your computer unsafe. For a safer, faster, more enjoyable user experience, please update your browser today or try a newer browser.

Envíanos o Concello de Redondela:

Posted by on 25/03/2014

O mes de Marzo está adicado internacionalmente á muller traballadora. Dende o PSdeG-PSOE de Redondela, ano a ano, realizamos un acto de celebración neste mes, que este ano consistirá na proxección dun documental gañador do PREMIO GOYA 2014 á MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL, titulada AS MESTRAS DA REPÚBLICA.

 As mestras da república participaron de forma comprometida e valente no desenrolo deste proxecto. Representaban o modelo de mulleres modernas e independentes. Elas serían as responsables, en boa medida, da construcción e difusión da nova identidade cidadá, ó educar ó seu alumnado nos valores de igualdade, liberdade e solidariedade, tanto a través da transmisión nos contidos nas aulas como, sobre todo, co seu exemplo persoal.

As mestras da república foron mulleres comprometidas coa igualdade social e de xénero, eran conscientes de que cada un dos pasos que daban representaba o debuxo do camiño polo cal outras transitarían.

Crían na igualdade, derribaron os muros que separaban ós alumnos e alumnas, propoñendo prácticas de relación que lles permitira compartir intereses e coñecementos. Unha coeducación que lles posibilitaría aprender a compartir a vida en igualdade.

Coa proxección deste documental, os Socialistas de Redondela, queremos dar un novo paso na recuperación da súa memoria. O seu legado tanto ideolóxico e pedagóxico é máis necesario que nunca para defender a educación na que cremos.

Por todo o anterior queremos convidalos á proxección que terá lugar no multiusos da Xunqueira o venres 28 de marzo ás 20:00 horas.

Así mesmo agradeceríamos a divulgación deste convite a tódalas persoas e asociacións que consideren interesadas e achegámosvos o cartaz de dito evento.

Redondela a 25 de Marzo de 2014

[cn-social-icon]

 

Comments are closed.