Actividades infantís.
Arrancamos curso 18-19!!!! Hoxe tócalle o turno ás actividades infantís:
Escola de baile Martes de 19:00-20:00 h
Xoves de 18:00-19:00 h pandeireta gratis para alumn@s da escola e de 19:00-20:00 h baile.
Estades a tempo de anotar aos vosos nenos, inscripcións abertas, e permanece atentos estes días que aínda estamos pendentes dunha nova ctividade para pequenos!!!.
Clases de gaita.
Cando se xuntan a boa técnica, a tradición e a paixón o temos a él, Pablo Fernandez Rial, o noso mestre de Gaita dende hai xa uns cantos aniños!!!
Se queredes aprender co mellor e ademais disfrutar tocando, xa sabedes, os luns ás 20:30h.
Probade sen compromiso, só tedes que pasarvos por un ensaio e disfrutar.
Curso de baile Afrolatino.
Despois da primeira clase gratuíta para que probárades, este Vernes ás 21:00h arrancamos coa nova actividadeeeee de bailes afrolatinos impartida por Carmen Vila Abreu de Bailavigo. Os interesados estades a tempo de anotarvos, poñédevos en contacto con nós e vos damos toda a info. TOD@S A BAILAR!!! planazo de venres noite, para pasar un bo rato, facer exercicio e desconectar da rutina semanal!!!
Lembrade que tedes todas estas novas no noso Facebook